FaiRúa

Fai Rúa nace coa vontade de visibilizar a memoria colectiva do Barrio da Ferrería de Vigo, en pleno proceso de rehabilitación desde o 2005, e de rescatar aquelas historias e persoas que construíron a súa identidade.  Trátase dun documental pensado para a web (webdoc) que se compón dunha trintena de vídeos sobre o patrimonio material e inmaterial da zona alta do Casco Vello de Vigo. A primeira fase de Fai Rúa (2014-2015) concluíu cunha presentación e celebración na Praza do Abanico con todo a veciñanza. A segunda fase do traballo comezou en 2016 e presentarase en 2017.

Detalles do proxecto

Ano de Producción: 2015/2016
Cliente: Asociación Casco Vello Alto
Xénero: webdoc