Acción educativa que tivo como principal actividade unha serie de obradoiros de comunicación nos que, de maneira participativa, o alumnado adquiríu competencias no deseño de contidos multimedia con perspectiva de xénero. O obxectivo era a creación dunha pequena campaña de sensibilización para seren compartida en redes.
Así, a través da elaboración desta campaña quixemos que o alumnado reflexionara sobre os cambios que tanto a nivel colectivo como individual temos que procurar para loitar contra o machismo. Contando co coñecemento colectivo como eixo metodolóxico e coa mensaxe dirixida “ao meu eu do futuro” como eixo narrativo, este proxecto promoveu a reflexión sobre como poderiamos construír unha sociedade igualitaria e libre de violencias machistas xa que, proxectando como queren que for o seu futuro, dinlle tamén á sociedade actual os cambios que demandan.
O guión, gravación e edición das curtametraxes foi realizada polo propio alumnado de 6º de primaria e foron presentadas no centro. Os carteis elaboráronse en base as cartas escritas polo mesmo alumnado e con elas realizouse unha exposición no Concello de O Rosal.
A maiores, realizouse unha formación específica dirixida a docentes sobre TIC e igualdade de xénero na que se aportará o marco metodolóxico e pedagóxico da educomunicación, diferentes ferramentas prácticas TIC coas que traballar igualdade de xénero nas aulas e exemplos de boas prácticas.