A edición de vídeo dixital é o último paso para converter as nosas gravacións nunha peza audiovisual onde as imaxes, o son, os gráficos e os efectos se xuntan para contar unha historia. Este obradoiro propón coñecer o proceso de edición audiovisual dende cero, unha achega para principiantes que nos permitirá saber un pouco máis sobre a montaxe e a súas posibilidades. Xogaremos coas ferramentas e cos recursos, e remataremos con polo menos un vídeo editado, cos seus rótulos, coas súas músicas e cos seus efectos, listo para publicar e difundir..
PROGRAMA
- Teoría básica da edición de vídeo
- Edición de son: efectos e mesturas.
- Edición online: ferramentas para editar sen descargar nada.
- Edición de vídeo con software: explorar, experimentar e dominar os programas de edición de vídeo.
- Xogos, experimentos e prácticas varias.
Hoje editando vídeo com @somosgingko no #lav017 de @Senunpeso_AC pic.twitter.com/JyhtBoeFpe
— Alexandre Espinosa (@AlexEspinosaGZ) 19 de febrero de 2017
O grupo xa está editando o trailer de #LavLavLand Práctica final no obradoiro de edición de vídeo para principiantes @Senunpeso_AC #LavO17 pic.twitter.com/LCR4ExMFlz
— Gingko (@somosgingko) 19 de febrero de 2017