A CTNL (Coordinadora de Traballadores pola Normalización da Lingua) é a organizadora deste curso que busca a formación en técnicas narrativas audiovisuais, así como na gravación e edición de vídeos para o traballo de normalización lingüística en centros educativos, universidades, institucións públicas ou privadas… Este curso, que conta xa con dúas edicións (2013 y 2014) combina as sesións online con dúas clases presenciais.