En 1979, cinco asociacións galegas uníanse para defender os dereitos das persoas con discapacidade intelectual. Nesta conversa escoitaremos o seu percorrido durante os anos 80 e 90 nos que, a través das reivindicacións e un intenso traballo asociativo, conseguíronse logros que parecían inalcanzables.
Este vídeo é o segundo capítulo dunha serie de conversas nas que se contará o camiño percorrido nos 40 anos de FADEMGA Plena Inclusión Galicia e serán estreadas no outono de 2019.