A través do CEFORE de Pontevedra, ao longo do curso 2023-24 participamos no programa de formación permanente do profesorado impartindo diversas formacións, na súa maioría, vinculadas aos equipos de Polos Creativos.
Estas formacións prácticas adáptanse ás necesidades de cada centro e poden ser de gravación, edición, videopodcast ou chroma key. En todos os casos, a formación adáptase ao equipo de cada centro e enfócase en destacar aplicacións educativas do audiovisual nas aulas achegando exemplos de boas prácticas.