50º Aniversario da asociación ASPAS

ASPAS é unha entidade de Santiago de Compostela nada co obxectivo de promover a plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual. Trátase dunha asociación de familias que ofrece servizos integrais, dende a formación ou a integración laboral ata a vivenda e a xestión do tempo libre.
Este vídeo é un percorrido pola historia e polo día a día de ASPAS, contado por diferentes membros da comunidade e que foi realizado para a celebración do 50º aniversario da asociación.

VER VÍDEO COMPLETO
Detalles do proxecto

Ano de Produción: 2017
Cliente: Asociación ASPAS
Xénero: Promocional - Aniversario