Aprende, entende, únete.

O grupo LGTBI do IES Johan Carballeira ofrece apoio, charlas, cursos e diferentes actividades para fomentar o respecto ás diferentes orientacións sexuais dentro do centro. Unha das actividades consistiu na realización dun vídeo de sensibilización. Para facelo, Gingko facilitou unha serie de sesións para definir de forma participativa a idea e o guión do seu vídeo. Despois do parón con motivo do peche dos colexios pola Covid19, na primavera de 2021 gravamos e editamos o vídeo que foi dirixido polo alumnado que forma o grupo de apoio LGTBI.

Detalles do proxecto

Data de realización: 2020/21
Dirixido a: alumnado de ESO
Duración: 14h
Centro: IES Johan Carballeira (Bueu)