
A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) abriu un espazo virtual no que compartir en aberto un proceso colectivo de reflexión e formación. O programa constou de varios bloques formativos, prácticos e aplicados que se intercalan con análises de boas prácticas inspiradoras. Neste contexto, Gingko realizou unha charla sobre ferramentas dixitais para reforzar os vínculos en comunidades, trasladando este vínculo á mocidade e a súa relación cos museos.