LAV014: aprender, construir, combatir…

150 150 somos_gingko

Fin de semana, de venres a domingo, nun ámbito rural onde desconectar e gozar do mellor do Val do Ulla. Unha escapada inesquecible coa que nos agasallou, por segundo ano consecutivo, a Asociación Senunpeso. E é que participar no LAV é un agasallo, porque nos encontramos, movémonos e construímos.

Senunpeso reúne cada ano unhas 200 persoas arredor de varios cursos de formación e mais unha mostra audiovisual. O noso obradoiro, Vídeo de Combate, foi un escenario para reflexionar sobre comunicación, difusión, comunidade e desenvolvemento social, entre outras cousas. O grupo achegou interese, emoción, risas e debate. E como resultado destas catorce horas xuntos, temos catro vídeos que falan sobre educación, escolas rurais, utopías e realidades.

A nosa conclusión é que a enerxía se transforma, porque é colectiva e infinita. Por iso esperamos que haxa LAV para longo, para seguir encontrándonos, movéndonos e construíndo.