Itinerantes, Vacalume… ¡Gingko!
http://gingko.gal/wp-content/uploads/2015/06/contacto_gingko.jpg 800 800 somos_gingko somos_gingko http://1.gravatar.com/avatar/7f715608adff0fcc46e33c631147f179?s=96&d=mm&r=gE que, se de cando en vez as persoas puidésemos cambiar de nome, de altura, de estatura, de cor, de pel ou de ollos aínda que sexa por un intre? Ou para moitos anos, se nos sentimos a gusto, por que non? Entre nós, isto é moi, moi difícil, aínda que cambiar o nome baixo o que asinas os teus traballos non o é. Cambiar a imaxe baixo a que ofreces os teus coñecementos, tampouco, así que iso fixemos. Como somos de conformarnos pouco e de movernos moito, somos de pensar e de darlle voltas, demos un pequeno salto e pasamos de Vacalume a Gingko. E por que “Gingko”? Porque si, porque nos gusta o que significa e porque as cousas que gustan sempre se fan ben. Porque, dende a nosa experiencia, agora temos ben claro que a educación é o primeiro paso cara á transformación social e que comunicar é unha parte inherente dese proceso educativo. Porque queremos compartir coñecemento, porque gozamos facéndoo. Porque nos sae ben. E porque canto máis o facemos, máis a gusto nos sentimos. Por iso, damos o paso. Por iso, este cambio de nome e de imaxe. Por iso a nosa nova web, porque só nos faltaba poñer por escrito o que dende hai tempo pensamos e facemos.
- Posted In:
- Uncategorized @gl
Leave a Reply