Imaxina que… Vídeo Participativo, Inclusión e Cine

150 150 somos_gingko

Dende que nos sentamos coa xente do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) e nos contaron a súa proposta, esta experiencia convirtiouse nun dos proxectos máis valiosos para nós.

O obxectivo era, por un lado, expandir as accións do OUFF máis aló das salas de proxección, que a actividade creativa fora posible en moitos recunchos de Ourense e que a cidade fora tamén partícipe do festival.

Por outro lado, era unha proposta de acción social, un espazo de diversidade onde empezar a experimentar co vídeo. Neste punto, únese ao proxecto o CEM A Carballeira, que forma parte da rede de protección de menores da Xunta de Galicia; así, 15 mozas e mozos de entre 12 e 17 anos convirtíronse nun colectivo co que traballar pola participación activa, pola autoestima e polas relacións grupais.

O resultado foi un obradoiro chamado “Imaxina que…”, onde utilizamos o Vídeo Participativo como metodoloxía de traballo. Foron 4 sesións de 3 horas cada unha, no CC La Molinera de Ourense. Alí, puidemos dispor dun espazo interior e exterior, chromas, cámaras, trípodes, etc…

Como ferramenta para recoller todo este proceso semana a semana, creamos un blog: https://ouffvp.tumblr.com/

Comezamos creando grupos de 4-6 persoas, e cun primeiro traballo práctico: gravar co móbil unha presentación do grupo. Antes, temos visto algo sobre linguaxe audiovisual: os tipos de plano, a secuencia e a escea, o guión…

Despois desta primeira parte, cada grupo comeza a traballar no seu guión. Para isto, dámoslles unha premisa: en todos as curtas, debe estar presente a frase “imaxina que…” Os grupos adicaron uns 45 minutos a escribir unha sinopse, pensar uns personaxes e unha historia.

Para rematar, vemos as presentacións gravadas ao principio. Vemos que cousas fallaron e cales funcionaron, aprendemos da experiencia propia e da doutros grupos, rimos e subimos os primeiros vídeos ao blog (vpouff.tumblr.com)

Previamente, as persoas que facilitamos o obradoiro recompilamos todos os materiais gravados e fixemos unha primeira pre-montaxe.

Comenzamos esta sesión cun visionado destas pre-montaxes. Os tres grupos analizaron o seu traballo e decidiron que querían repetir a súa gravación case por completo. Antes de sair, explicamos nocións básicas sobre composición, tipos de plano, conceptos técnicos como a exposición, o son, etc…

E non sería máis lóxico explicar primeiro a teoría e despois darlles as cámaras? Nós apostamos por “aprender facendo”, porque cremos que é mellor aprender a partir da experiencia e das solucións propias.

Antes de marchar, revisamos as gravacións e rematamos a foto-historia para o blog.

Durante esta sesión, retomamos as ideas para o guión e comezamos a traballar no storyboard, porque os grupos xa avanzaran neles durante a semana. Neste punto, un grupo xa o tiña todo clarísimo e podía empezar a gravar. Outro grupo debía profundar no seu guión, xa que se había desviado da historia inicial; e o terceiro, quedou bloqueado ao intentar mesturar varias ideas complexas nunha mesma curtametraxe.

Na metade da sesión, os tres grupos estaban gravando as primeiras esceas.

Finalmente, concluímos vendo fragmentos das gravacións desa tarde. Esta é quizá a mellor forma de pechar o día, cun ambiente lúdico á vez que avaliamos a nosa aprendizaxe en colectivo.

Este día, dúas persoas quedaron encargadas de facer fotos e de redactar un texto para un post que publicaríamos no blog, resumindo cómo estaban a vir eles e elas cada sesión do taller. Sen embargo, unha das encargadas dixo que non lle apetecía escribir porque non se lle daba ben expresarse co texto. Así que inventamos un novo formato para estas narracións: unha selección de fotos que resuman a sesión e unha voz en off para acompañalas (este é o resultado)

As 3 curtas están xa editadas ao comenzar esta sesión; deixamos ocos negros onde aínda faltan planos por gravar.

Neste punto, cada grupo está nun punto diferente:

  • O grupo de “Imagina que nada es imposible” só precisa escoller as músicas e as imaxes de arquivo que acompañarán a súa curta. Cando terminan estas tarefas, anímanse a gravar entrevistas entre elas e a outras compañeiras, nas que falaron sobre  a súa propia experiencia durante o obradoiro (como resultado, montamos este vídeo)
  • O grupo de “Imagina que fue un sueño” realiza as gravacións en chroma, así como a secuencia da escaleira. Elixen a música.
  • O grupo de “Imagina que la vida es bella” grava aa escea final, a da chegada á estación e a entrevista de traballo. Redactamos as conversas por Whatsapp que sairán en pantalla e falamos sobre a música.

Este último día non tivemos tempo de revisar as imaxes, xa que había moito traballo por facer e rematamos bastante tarde. De feito, saímos case unha hora máis tarde do previsto; iso sí, con todo gravado e a foto-historia terminada.

IMPACTO

Estes traballos foron presentados no Teatro Principal de Ourense o venres 30 de outubro de 2017. As curtametraxes realizadas non sempre falaban directamente sobre as participantes do obradoiro, pero si que dicían moitas cousas sobre elas. Así, aqueles sentimentos que non sempre son fáciles de xestionar, ese día foron expresados e compartidos coas persoas presentes no teatro: amigos e amigas, familiares, educadoras do CEM, equipo do Festival e representantes do Concello de Ourense.

O alcance da súa mensaxe expandiuse máis aló da actividade, e conseguimos poñer en valor o traballo en grupo, as emocións e o coidado do colectivo. Dimos visibilidade á diversidade social e compartímola como riqueza; e levamos ao escenario a un grupo de menores vulnerables, que fixeron gala dunha fortaleza invencible nacida da autoestima e da creatividade.

(por certo, pideron en público que a actividade durara ao menos 6 meses… A ver se o conseguimos!)