Fai Rua: o webdoc do Barrio Alto de Vigo.

150 150 somos_gingko

Un documental interactivo que recupera o pasado da Ferrería, reinvidica o presente e pon en valor o patrimonio cultural e social do barrio.

Construcción del edificio del Ayuntamiento sobre el Castillo de San Sebastián (Archivo General del Concello de Vigo)

Construción do edificio do Concello sobre el Castillo de San Sebastián (Archivo General del Concello de Vigo)

Chámanlle A Ferrería, aínda que tamén hai quen lle chama o “Barrio Chino”. É unha parte da zona histórico de Vigo, cidade que medrou arredor das conserveiras, da fabricación de automóbiles e, principalmente, arredor dun dos máis grandes portos marítimos de Europa. A carón deste porto instaláronse ducias de prostíbulos e bares que se converteron en refuxio dos mariñeiros que chegaban ao porto de Vigo. Foi nos anos 80 cando a pegada da heroína, xunto coa deixadez das institucións, provocaron que este barrio fosa derrubándose (literalmente) ata chegar a un punto de ruína e despoboamento case total. Hai uns anos, as institucións que tempo atrás miraron para outro lado, aliáronse para facer un plan de rehabilitación do barrio e, pouco a pouco, unha nova veciñanza está a se instalar e transformar a realidade da zona. En síntese, unha historia que sexades de Barcelona, Sevilla ou doutras cidade calquera, soaravos coñecida.

Asociación Barrio Alto xurdiu da necesidade de traballar na Ferrería e coa súa identidade propia, aínda que integrada no barrio histórico de Vigo. Hai moito choio por diante, pero unha prioridade era valorizar o barrio, o seu patrimonio material e tamén o inmaterial. Nós, que temos no barrio o noso lugar de traballo, colaboramos coa Asociación nesta tarefa a través do proxecto nomeado Fai Rúa. Puxémonos a escoitar, a recoller e a lembrar historias. Foron agromando as vivencias das persoas que construíron o barrio da Casa da Collona, do bar Lichoca e da Panificadora. O barrio onde sempre habitaron Pepe Soto, Rober Suzuka ou Tino. O barrio ao que hai tres anos se mudou Raquel e que foi retratado polo pintor San Luís, filmado por Jaime de Armiñan e musicado polos Resentidos.

montaje_fairua_post

Eliximos o web-doc como formato: un documental aloxado na web, no que cadaquén pode definir o seu propio fío narrativo mentres navega por un mapa do barrio. Non hai principio nin fin, non é lineal, non hai xiros de guión nin contidos relevantes ou secundarios; a historia só está marcada polo interese e polas interaccións do público.
Do mesmo xeito, tiñamos claro que a vocación divulgativa do proxecto sería máis efectiva canto máis se espallaran os contidos. Así, tódalas historias se subiron á canle de Youtube de Barrio Alto baixo licenza Creative Commons, como recurso compartido, como dinámica replicable, como patrimonio social e, en definitiva, como un ben común.

Barrio cariñoso III, de San Luís (imagen cedida por Luis Jacobo Álvarez)

Barrio cariñoso III, de San Luís (imagen cedida por Luis Jacobo Álvarez

Comenzábamos falando no post de que o barrio se situa agora mesmo nunha encrucillada e por iso, quizáis, un dos colectivos máis importantes da zona, as prostitutas, non teñen voz propia neste traballo pese a ser un dos protagonistas do mesmo. Elas gardan máis de 50 anos de historias do Chino pero non quixeron compartir os seus recordos publicamente, porque o medo aos prexuízos aínda xoga o seu papel e o anonimato segue a ser a mellor protección destas mulleres. Outra das eivas do proxecto son os escasos rexistros gráficos da época que vai dende principio deste século ata os anos 90, aínda estamos á procura dalgún fotógrafo que a retratara.

O sabor amargo destas ausencias reflicte o choque entre a realidade social do barrio e o interese en convertelo nun lugar atractivo para clases máis favorecidas. Ningunha rehabilitación é tal se non vai da man de políticas sociais que faciliten que os colectivos máis vulnerables participen e se integren neste proceso. A cultura debe xogar tamén un papel decisivo nestes procesos, pola súa capacidade transformadora e integradora. De aí Fai Rúa, un proxecto no que se implicaron un bó número de veciñas e veciños, xente de toda a vida e xente recén chegada, porque temos a certeza de que só reivindicando o pasado se pode comprender o presente.